Os puntos tratados foron:
- Debátese a necesidade de chegar a acordos concretos.
- Valóranse os pasos a seguir a partires do 22 de Maio, e conclúese que será debatido na asemblea das 20:00 has de hoxe, sen siglas nin partidos, cada un a nivel individual como cidadán.
- Comentase a necesidade de levantar actas das asembleas e a súa difusión a todos os niveis.
- Debátese a proposta feita en Compostela de acudir á acampada todos vestidos dunha cor, e rexeitase por non considerar que sexa bo distincións --> o pobo somos todos e calquera e benvido a participar.
- Fálase da acción atomizada de moitos colectivos e organización xuntando esforzos a través de diferentes canais para facerse máis fortes.
- Proponse a impresión do manifesto a nivel individual nas casas e traelo ata a acampada para a súa difusión.
- Comentase que sería bo para a visibilidade da acampada que haxa xente tocando para atraer a atención da xente que pasa pola praza.
- Comentase a necesidade da difusión tanto na acampada, informando a cada persoa que se achegue por aquí, así como a difusión pola rede, coa maior transparencia posible, todo o fallado, todo o debatido, todo o acordado se difundirá na rede e na propia acampada
- Informase que a necesidade de que entre 3 e 5 persoas leven chaleco identificativo é debido ó acordo coa Subdelegación para poder permanecer na acampada, polo que o longo do día quen vaia permanecer na praza pode ofrecerse a levar os chaleco e así rotar entre todo para que ningún cargue coa total responsabilidade (dirixirse a mesa da comisión de información)
- Acórdase facer un cartaz informativo cos horarios das actividades do día e expolo na acampada
Todo o falado se comentará na asamblea de hoxe as 20:00 hrs., na que se seguirá a debater sobre os pasos a dar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
A mensaxe require a moderación dun administrador, polo que non será pública ata que sexa xestionada.