ourense.tomalaplaza.net

miércoles, 8 de junio de 2011

ACTA DA ASEMBLEA DAS 20:00 DO 08/06

1º.Lectura dos obxetivos.

2º.Reiteración das convocatorias das accións a realizar nos próximos días:

  • Xoves 9/06 : Concurso ‘¿Qué sabes da democracia?

  • Proxección do film “Demogracia” coa colaboración da asociación ‘Sen un can’.

  • Venres 10/06: Pasarúas Santa Compaña “Vixilia pola democracia”.

  • Domingo 19/06:Manifestación e concerto a determinar.


3º.Propostas:

  • Andaina “San Indignado”, manifestación polas rúas da cidade, prevista para realizarse en sábado todavía por concretar a data, concrétase o itinerario.

  • Proponse viaxe nos tren das Burgas para achegar as protestas a todolos puntos da cidade, repartir panfletos informativos e se cadra realizares unha asamblea en Outariz.

  • Proponse a realización dun xogo o modo en busca do tesouro pola cidade, baixo o lema “¿Onde está o diñeiro?” como denuncia polos cartos desembolsados polas autoridades estatais en favor das entidades de crédito etc.


4º.Turno de micro aberto:

  • Intervención de Xulio, sinala a necesidade de estreitar os tratos entre os asistentes a asamblea, denotando un certo descoñecemento a nivel persoal pola falla de presentaciós, a míudo a xente sae a falar pero en ocasións non di o seu nome etc., identificación que sería desexable por razóns obvias. Alude a asamblea do día anterior referindo na sua opinión que existe un descoñecemento xeral respecto o alcance dos puntos mínimos consensuados como por exemplo esixese a reforma da lei electoral pero descoñecese o funcionamento da lei D’hont. Entre os asistentes alégase que se está a intentar remediar este aspecto con accións como o concurso sobre a democracia previsto, que tratará de resolver as dúbidas do funcionamento do sistema político.
    Por outra parte, Xulio engade a necesidade de facer chegar os foros nacionais os problemas e queixas locais existentes como pluses exemplificativas dos problemas reais a ataxar.

  • A continuación Pablo intervén refire que Xulio ten toda a razón; que é necesario traballar máis, aportando as ideas locais e depurando a metodoloxía de traballo da nosa asamblea para acadar novos niveis de consenso máis efectivos.

  • Sr. Pepe refire como pulo para a asamblea á “obtención dun primeiro producto do movemento para a sociedade”, que se ben está reprimida cada día máis, califica a acampada como unha “revolución sosegada” na que van “todos a una como Fuenteovejuna”, acadandose a unión da ciudadanía, o cal refire “xa é un éxito”. Continúa: “Pese a que aqueles que quería hablar y no hablarán”, denunciando a represión policial: “en Barcelona, también en Madrid pasa algo similar aún sublevándose la ciudadanía que es apoyada por la mayoría”, porque refiere: “esta revolución de manera sosegada traspasó fronteras extendiéndose a otras partes del mundo”, identificando este feito en canto mostra a aprobación de todos, xa como un froito.

    Destaca entre os puntos do programa do movemento que enumera: “infórmate, piensa y actúa”, son o como se debe actuar, estando o quid da cuestión na actuación de colaboració e fai fincapé en que, inda que se levanta a acampada, se debe continuar facendo accións e asambleas informativas. De feito propón que se fagan: “asambleas informativas periódicamente e exclusivamente informativas en el Palacio de deportes ou en San Francisco dándoles publicidad para lograr una mayor convocatoria, lo cual sería un éxito que tendrían que considerar tódolos poderes públicos”. E por outra parte evidenciaría o sentir das autoridades porque comprobariase “ si las administraciones permit utilización de los recursos públicos (infraestructuras) para actuaciones populares de interés general”.

    Sinala respecto as intervencións anteriores, que evidenciaron as diferencias entre o eido nacional e local , a necesidade de ter a ambos en conta no programa, para acadar una “línea de actuación conjunta nacional”, sínalase a si mesmo como exemplo e refire se debe alcanzar unah línea conxunta “de jubilados y non jubilados”.

    Remata a súa intervención cun conto que exemplifica a que punto chegaba a fame e o medo que se sufriu en España por tantos, e durante tantos anos que durou a ditadura, a modo de ánimos para a xuventude a cal invita a resistir para que non volvan aqueles tempos.


Dase por rematada a asamblea.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A mensaxe require a moderación dun administrador, polo que non será pública ata que sexa xestionada.