ourense.tomalaplaza.net

sábado, 11 de junio de 2011

ACTA DA ASEMBLEA DO 11/06 AS 20:00

  • Debátese o convite das Xuventudes Socialistas de Ourense a asistir a una charla debate na súa sé. Non se chega a consenso a espera de falar con eles as condicións da asistencia, como posible cambio de sé e asistencia.
  • Fálase do convite ao debate da cadena SER o luns día 13, acudirán Roberto Pereira, Dani Conde e Anxo.
  • Debátese a asistencia a radio EcoFM ao programa El Cercano o próximo mercores día 15 ás 20h, está confirmado Jorge e faltan dúas prazas a decidir en asamblea.
Proposta de acción concretas:
  • Contra a Voz de Galicia, pola súa manipulación con respecto o movemento: 4 votos a favor, 5 en contra e 11 abstención, quédase en redefinir a proposta.
  • Proponse acción contra este medio na manifestación do día 19 con alusións en maneira de cartaces e pancartas: 16 votos a favor, 0 en contra e 4 abstencións.
  • Débatese acción na deputación durante a toma de posesión. Queda a expensas de coñecer a data concreta desta.
  • Unha persoa de maneira particular pide que se faga público as persoas que se fan cargo do blogue e máis do facebook. Dende coordinación comentaselle que non hai problema ningún e na próxima asamblea se lle facilitará a lista dos integrantes da comisión de comunicación.
  • Tamén se pide que a xente que fai críticas na rede se identifique.
  • Solicitase quedar un día para facer as pancartas para a manifestación do 19X.
  • Finalmente solicitase unha reunión de comisións para tratar o futuro do movemento e tratar de facer unha folla de ruta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A mensaxe require a moderación dun administrador, polo que non será pública ata que sexa xestionada.