ourense.tomalaplaza.net

lunes, 20 de junio de 2011

KIT ASAMBLEARIO


Aquí podeis consultar los documentos referentes al nuevo modelo asambleario que se implantará a partir de mañana.

Asemblea Xeral


A Asemblea xeral é unha ferramenta de AcampadaOurense para avanzar por consenso cara uns obxectivos plantexados polos grupos de debate / traballo.

En cada Asemblea terá que haber dúas figuras con roles ben definidos e que non poderán ser a mesma persoa. Deberán estar elexidos previa e democráticamente:

1. Moderador

Persoa encargada do bo desenvolvemento da asemblea e que recorde ó grupo que ten que acadar uns obxectivos fixados na orde do día nun tempo limitado. Ten que asumir unha función dinamizadora e obxectiva, e levar a estructura da sesión. No caso de haber un aforo elevado o Moderador pode ter un axudante para levar as quendas de palabra cando sexa preciso.

Moderar non é liderar ou dirixir, sinon responsabilizarse de axudar ó grupo a cumplir os seus obxectivos. Unha persoa que teña moito interese nos asuntos tratados terá moi difícil a tarefa de moderar.


2. Secretario

Persoa que levantará acta da sesión da Asemblea. Ten que ir recollendo as resolucións que tome o grupo sobre as diferentes propostas así coma as novas propostas que cheguen ou as preguntas que se fagan. Tamén debe anotar calquera outra incidencia que poida suceder. As súas anotación teñen que ser obxectivas, claras e sintetizadas, para o cal pode precisar a axuda dunha segunda persoa, un auxiliar, para ter outro punto de vista.


Para que se toman actas?

As principais razóns para tomar actas son: cumplir os compromisos, coñecer, recordar os temas tratados e asumir decisións vellas para tomar novas decisións.


METODOLOXÍA DE ASEMBLEA XERAL

1. Lectura e aprobación da orde do día

2. Lectura e aprobación da acta da asemblea anterior
a) Lectura da acta sintetizada da asemblea anterior
b) Aprobación, se procede, por maioría simple

3. Infome das comisións
a) Informe do traballo realizado por cada unha das comisións por quendas

I. A asemblea non pode facer preguntas ás comisións durante a lectura do informe. Rogos, dúbidas e correccións plantexaránse no turno de propostas. (Ver punto 5 b)

4. Orde do día

a) Exposición das propostas, por orde, realizadas na asemblea de debate

b) Aprobación da proposta, se procede

I. Breve explicaicón da proposta e enumeración concisa das posibilidades de voto
II. Aprobación, se procede, por consenso
1. Se non hai consenso pasará a ser debatida de novo na asemblea de debate

5. Novas propostas e preguntas

a) Novas propostas

I. Intervención da asemblea por quendas moderadas sen debate
II. Inclusión na orde do día seguinte
III. As propostas recibidas por correo electrónico leranse coma novas propostas
IV. Todas as novas propostas pasarán á asemblea de debate

b) Preguntas

I. A asemblea plantexará preguntas ou dúbidas sobre calquera das comisións e estas tratarán de resolvelas

6. Peche da acta da Asemblea





CONSELLOS-----------------------------------------------------------

• Animar a que todas e todos expresen os seus puntos de vista.
• Cortar polo sano as discusións reiteradas entre dous individuos, a monopolización da palabra e a repetición de argumentos.
• Expoñer no momento oportuno cáles son as normas e os procedementos a seguir polo grupo.
• Solicitar que cada persoa fale por sí mesma.
• Buscar os puntos de acordo, enumeralos e devolvelos ó grupo. Sintetizar.
• Estar pendente do tiempo que queda e facelo saber ós demáis. Se queda pouco, limitalas
intervencións.


ACTITUDES PERSONAIS DURANTE A ASAMBLEA-----------

As asembleas son un feito colectivo, pero non unha reunión de amigos. Debemos
esforzarnos por ter unha actitude adecuada, evitando actitudes pasivas ou
protagonistas. Ser conscentes que a asemblea é para resolver asuntos comúns. En orden a isto é útil coñecer algunhas das actitudes que se dan máis frecuentemente nas asembleas, tanto positivas como negativas e procurar facer un esforzo canalizarlas debidamente.

ACTITUDES POSITIVAS

• Comprensión e empatía. Admitir erros e modificar puntos de vista achegandoos ós de outras
persoas.
• Invitar a falar a persoas que intervieñen pouco, ceder o turno cando se estima que é máis interesante escoitar a outras e atendendo a quen fala.
• Mediar nos conflitos empregando o humor e a distensión, poñendo de releve os puntos nos que se coincide.
• Estimular as aportaciones dos demáis manifestando o noso acordo ou en caso contrario animar a que se expique ou profundice a proposta. .
• Manifestar as opinións falando en primeira persona. Non usar o plural para expresar o que pensas.

ACTITUDES NEGATIVAS

• Xeneralizar ("todos/as los/as .... sois ....")
• Embarcarse en teorizacións eternas e explicacións suplementarias.
• Dialogar en pequeños corrillos durante o desenrolo da asamblea.
• Saidas de ton ou pataletas
• Apatía.
• Atribuir a outra persona sentemientos ou actitudes propias.
• Pérdida de contacto coa realidade.
• Violencia simbólica: usar o modo colectivo para imponer ideas particulares de una persona, ocultar temas relevantes, burlas, interrumpir, no deixar falar, etc...
• Reforzar a autoridad de quen fala por medio de referirla a unha autoridade superior pero indiscutible (ciencia, ley...)
• Usar contradiccións e paradoxas para impoñer as personas alternativas confusas





3 comentarios:

  1. Perdón, pero...

    "A asemblea non pode facer preguntas ás comisións."

    E isto, exactamente, qué é o que quere dicir? Que non se pode preguntar o porqué dunha medida ou dunha decisión adoptada por unha comisión dada?

    Espero aclaración, por favor.

    ResponderEliminar
  2. O modelo completo inclue aclaración a ese punto. Se ledes ata o final podedes velo

    A dúbida era:
    3.I. A asemblea non pode facer preguntas ás comisións durante a lectura do informe. Rogos, dúbidas e correccións plantexaránse no turno de propostas. (Ver punto 5 b)

    5. Novas propostas e preguntas

    a) Novas propostas
    b) Preguntas

    I. A asemblea plantexará preguntas ou dúbidas sobre calquera das comisións e estas tratarán de resolvelas

    ResponderEliminar

A mensaxe require a moderación dun administrador, polo que non será pública ata que sexa xestionada.