ourense.tomalaplaza.net

sábado, 28 de mayo de 2011

ACTA DA ASEMBLEA DO 28/05 AS 20:00

- 1º Pto: leese o manifesto.
- 2º Pto: fálase do desaloxo de barcelon, comentase o que pasour e fálase das posibilidades de desaloxo en Ourense, e de cómo seguir nun futuro se isto sucede.
- 3º Pto: presentase unha proposta para organizarse a nivel nacional, comentase que xa se falou con Granada, para seguir coa difusión do movemento e facer unha reivindicación xeral e unida de todas as acampadas. Solicítase a xente que se apunte a participar e colaborar activamente nesta organización.
- 4º Pto: lémbrase que mañan está convocada unha cacerolada a nivel nacional as 19:00 en todas as prazas, e que ó remate desta haberá asemblea.

- MICRO ABERTO:
- Fala un compañeiro recordando todo o que se rouba dende a Ditupación de Ourense, o que se fai e como todo o mundo o sabe e se segue a deixar facer. Este mesmo compañeiro insiste na repulsa total á brutalidade policial en #acampadabcn
- Unha compañeira insiste na profunda dor que lle causou o sucedido en #acampadabcn
- Un compañeoro de Ponteareas comenta o movemento alí, como se xestou, o consenso de mínimos o que chegaron, como debaten cada punto dese consenso repetidamente ata aclarar todos pos puntos.
- Un compañeiro recroda: NON NOS IMOS!!!
- Unha compañeira insiste na necesidade de organizarnos para seguir co movemento pase o que pase nas prazas.
- Unha compañeira reivindica unha democracia real xa, non votando só cada catro anos, lembrando a necesidade de votación para cada ley de ambito territorial e nacional.
- Fálase do uso da tecnoloxía deixital para executar ditas votacións.
- Un compañeiro indica que a non reforma da ley electoral implica a continuación do bipartidismo, e o alonxado que está da realidade o feito da votación dexital, dada a falta de coñecemento ou acceso a estes medios de moita poboación.
- Fálase da combinación de tecnoloxía e voto en furna.
- Un compañeiro propon para a continuidade do movemento as asembleas duas veces a semana, unha na semana e outra o fin de semana, onde se poden decidir temas de participación cidadá.
- Un compañeiro fala da necesidade dunha maior difusión e continuidade fora das prazas.
- Un compañeiro fala do rechazo rotundo a unha prensa que despretixa e despreza o movemento.
- Un compañeiro fala do feito de que esto e un movemento global, que non sería xusto decidir non seguir cando en todo o mundo se están a tomar as prazas, que temos resistir e non pensar en irnos antes de que nos voten.
- Un compañeiro felicita a todos os asistentes por conseguir resistir o tirón futbolístico.
- Un compañeiro fala da necesidade de liberdade de debate e de información para poder votar en asembleas con coñecemento de causa. Comenta tamén a necesidade, dada a desinformación dos medios, de dotarnos dos nosos propios medios de información e divulgación.
- Un campañeiro falta da necesidade de redistribución da riqueza.
- Unha compañeira fala das lecturas ante o posible desaloxo: se nos desaloxan voltamos a ter difusión nos medios, así se queixaba a propia prensa polo de Barcelona; comenta tamén que se non nos fan caso é en grande medida pq seguimos sin tomar outros espacios, e nas prazas "non molestamos tanto".
- Unha compañeira reafirma a importancia de conseguir que o manifesto o firme toda a cidadanía, comenta que na marcha do venres moita xente comentaba que nos apoiaba, pero non todos se poden achegar ata aquí a firmar, precisamos ir buscar as firmas polos barrios.

Ó final da asemblea tivo lugar o conceto solidario e desinteresado do artista ourensá Yomelomontosolo.

1 comentario:

  1. https://www.facebook.com/notes/nacho-rivero-madri%C3%B1%C3%A1n/propuesta-para-debatir/10150189938222680

    O "consenso mínimo" de Ponteareas.

    ResponderEliminar

A mensaxe require a moderación dun administrador, polo que non será pública ata que sexa xestionada.