1.-Comezouse pedindo voluntarios para todas as comisións. Informamos tamén das actividades e obradoiros para mañá. Lembramos os obxectivos primordiais polos que estamos aquí, as propostas debatidas e aprobadas tamén noutras asembleas de toda España, e nos que estamos todxs de acordo:
-Reforma da Lei Electoral
-Separación de poderes e reforma do Senado
-Rexeneración política
Foi votado e aprobado por unanimidade
2.-Inicio: Houbo debate sobre como reorganizar a asemblea para que sexa verdadeiramente horizontal, participativa e plural e respectuosa. Había xente descontenta coa organización, o desenvolvemento da asemblea, as faltas de respecto, etc. Din que non hai diálogo dabondo e quérese que se xere un debate despois de expór cada tema. Tamén que as asembleas sexan máis curtas e dinámicas, para que a xente non se aburra e marche. Pídese máis respecto e máis unión. Separar Democracia Real de Acampada Ourense. Importancia da Revolución Social, do cambio moral e ético. Non cansarnos, non desilusionarnos (recordar momentos que nos emocionaran). Paciencia. Diferenciar ASEMBLEA (20.00 h.) de MICRO ABERTO (21.00 h.). Recordamos que se pode estar en desacordo e manifestalo. Centrarnos nos 3 obxectivos que se aprobaron e recoller sinaturas para a reforma da Lei Electoral. Tomar como referencia a Sol pero aportar nós tamén. Propúxose, en relación á organización.
-Cambiar o formato (en círculo)
-Limitar o tempo das intervencións (2 ou 3 minutos)
-Non capitalizar o debate as mesmas persoas
3.-Creación (mediante debate, votación y aprobación) de:
-Mercadillo solidario. Os cartos recadados destinaranse á autofinanciación do movemento.
-Comisión Educativa (libros, textos políticos e sociais, educación na democracia). Apróbase.
- Caceirolada o venres ás 19 horas.
- NON SE APROBA: Comisión de Economía para custodiar os cartos.
4.- Recórdanse as comisións creadas: Xurídica, Infraestructuras e Loxística, Comunicación, Actividades, Control (con dúas dentro, unha de Seguridade e outra de Limpeza), Coordinación Interna.
5.- Queixas: hai que ser máis abertos (máis participación para os nacionalismos).
6.- Propoñen:
- que os políticos veñan, sobre todo os cabezas de lista elixidos. Debátese sobre iso, a favor e en contra, e déixase a votación para mañá.
- informar, publicitar, facer máis ameno e atractivo o movemento, sobre todo de cara a chamar a atención da xente e dos medios, facer performances, flashmobs, protestas, caceroladas, accións teatrais, etc. Comisión de axitación ou acción. Primeiramente dise que hai unha Comisión de Creatividade (¿?) e outra de Actividades, o que pasa é que non hai voluntarios dabondo para elas. Desbótase entón, pero máis tarde unha rapaza volve sacar o tema e di que non ten que ver a creatividade ou as actividades con ese tipo de accións, nas que non é necesario ser artista ou saber facer algo concreto, calquera pode participar manifestándose. Proponse tamén que conten con respaldo da Comisión Xurídica, aínda que as accións sexan legais, para evitarmos problemas.
- creación dunha estrutura xerárquica, comisión directiva-organizativa. Pouca aceptación, quérese que a organización sexa horizontal.
- non só levantar acta, senón recordar á fin e inicio de cada asemblea o que se decidiu e aprobou antes, para telo todo claro.
- intérprete de signos para os xordomudos.
- publicitar o blog e páxinas relacionadas (cartaces na praza).
-.reunir as comisións antes das asembleas. Parece pouco aceptado, non gusta ter máis reunións, demasiado trámite.
- levar algo identificativo os membros das comisións (brazaletes).
- facer propostas por rexistro no concello. Organizalas masivamente.
- traer propostas ben redactadas. Un rapaz toma a palabra e fai as as súas: establecemento dun salario máximo ao igual que está establecido o salario mínimo; patrimonio máximo; cambio no sistema de emprego; recorte de horarios de traballo e conseguinte creación de novos postos de traballo.
Resumo do que opino, e moita xente tamén. Non os chourizos na praza. Soamente van a facer que aparezan titulares ""politico X escoita os idignados". Faríanos moito dano. Desmarcarse de DMY simbólicamente, xa que sempre temos que apoiarnos complementariamente senon non somos nada. Estanse a tomar decisións por libre que non apoia DMY e o xoves dan un comuncado de prensa para aclarar todo. Por último xerarquía horizontal, nada de superiores por dicilo de algunha maneira. Acordos entre iguais e decisións por votación.
ResponderEliminarUn saudo e a resistir, que a acampada pódese acabar, pero os ideais e a indignación non morrerán ata que teñamos un mundo mellor. Unha aperta a toda a praza e especialmente os acampados. Ánimo.
http://twitpic.com/51lyqa
ResponderEliminarhoxe non sei se poderei asistir a asamblea das oito, por iso quero votar en contra de que se chame os piliticos.Son ciudadans coma nos, son libres coma nos,se queren asistir podeno facer e poder ter o seu turno se palabra coma os demais, pero no acaparar todo o protagonismo, e que eu saiba non temos portas na praza ni o micri pechado.
ResponderEliminarANIMO E QUE NON NOS MALIPULEN
DONDE SE PUEDE VER EL MANIFIESTO DE ORENSE
ResponderEliminarMe parece perfecto! quiero agradecer a los organizadores que, a pesar del cansancio y el desgaste que están teniendo después de tantos días, son capaces de tener en cuenta lo que se les dice y rectificar en lo que pueden. Muchas gracias por el esfuerzo que estais haciendo por todos!
ResponderEliminarTampouco eu estou dacordo en que se chamen aos políticos. Como ben comentan, é unha concentración aberta, calquera cidadán pode participar (ou debería poder participar) sen necesidade de convidar a ningún político. Saben perfectamente o que hai na praza e polo que nos manifestamos, eles veran se queren formar parte (por vontade propia) ou prefiren seguir facendo oídos xordos.
ResponderEliminarTampouco concordo coa creación dunnha estrutura xerárquica. Non esquezamos que aquí somos todos iguais, cidadáns indignados. Non buscamos líderes.
Finalmente se celebrará el mercadillo?
ResponderEliminarMi mas sincera enhorabuena a las chicas que llevan el blog, estais haciendo un magnifico trabajo. Sois las mejores. Un saludo
ResponderEliminarEu non firmo coma anónimo (deberíades arranxar eso, porque cando intento escribir, non permite amosar o nome que temos aínda tengo gmail, blog e demais perfiles que se poden ensinar).
ResponderEliminarSon Óscar Pinal. Levádesme vendo dende o primeiro día que durmimos no Concello (o fotógrafo oficial, como me chamou unha rapaza onte :) e que onte me fun pola forma de comportarse de un individuo, aínda que estou con todos vos e co espírito de este movemento.
A chamada ós políticos, por dicilo dunha forma, é como conceder un privilexio que non deben ter, sabendo que se loita contra todo o sistema político que tenhen montado e que nos oprime a diario. Se queren vir, (que por certo, xa están nas filas dos "organizadores"), que venhan, pero eso de que sexan tratados especiales frente a toda a xente que ven a diario, que durme a diario, é simplemente unha trapallada que acocha ideas de algúns, e non de todos.
Recordo, que o que se busca é a loita plural e do pobo contra esa clase privilexiada que queredes invitar a que nos solten o seu sermón preparado que se gardan pra cando tenhen unha cámara en diante.
Só digo, e acabo, que esta iniciativa que ten coma fin a búsqueda da democracia que nos fará libres algún día, dun xeito pacifista, consensuando entre todos e falando e participando todos, non tendo privilexiados, non sendo manipulada e non tendo líderes.
Pido humildemente que se escoiten a todos por igual, opinen en contra, a favor, pero con respeto, porque a xente ten confusión e ás veces falta información pra eles pra darse conta que no que vivimos actualmente, está podre dende as raices.
Saúdos e unha aperta enorme a todos os que realmente son apartidistas, loitan contra o sistema e buscan un estado sin "imperativos".
Bravo!!!!!! Eu também opino que há políticos detrás dos organizadores da Acampada em Ourense, disimulam mui mal... Assinado: Eva Entrimo
ResponderEliminarQue completiño está, noraboa ao que o redactou porque non se deixou nin o rímel de quen falaba... hehe
ResponderEliminarEu tampouco quero publicar este comentario de xeito anónimo.
ResponderEliminarEstadesme vendo tamén dende o comezo da concentrazón, colaborando con moitas actividades e, contra a miña vontade, de xeito reiterado como moderador e falando polo micro. Ao comezo casi ninguén quería voluntáriamente asumir esa responsavilidade; por inseguridade, vergoña ou o que fose, e agora afortunadamente sodes moitos os que o estades facendo con moiotísimo acerto. Graciñas e Forza!
Quero dirixirme a Oscar Pinales, o fotógrafo que publicou o comentário de antes, porque seguro sabrá desculpar os comportamentos fora de tón, froito do cansanzo de tantas e tantas horas resistindo na praza, e decirlle que teña paciencia con estas cousiñas e unha aperta.
Ánimo na Loita!!
Si, eu tamén teño que dicir que recibín comentarios fóra de ton, e, isto aparte, mesmo algunha "bronca" por non poder redactar a acta de onte no mesmo día, cando o certo é que ninguén quixo pasala a limpo, e a acta estaba enviada e publicada antes da asemblea das doce de hoxe, e polo tanto todo o mundo podería estar informado do do día anterior antes de chegar á praza. Quero aclarar,e mo confirma a miña parella, que ten experiencia en organizacións políticas e non políticas desde os 16 anos, que unha acta é unha forma de deixar cnstancia por escrito do que pasou nunha reunión, para levar un orde, e para facer memoria, saber o que hai e cando se dixo, e ter un control. Non se trata de ningún comunicado, non sirve para anunciar algo urxente, e polo tanto non hai que satisfacer a constante demanda de información das redes sociais Facebook e Twitter por un acta, que me soou a chiste. Nunca un acta levantou tanta expectación, meu deus, nin un concerto de Lady Gaga. A de hoxe non está pasada, así que empezo a pensar que quen dixo non tiña moito siso...
ResponderEliminarQuero recordar tamén que os que estamos aquí estamos por vontade propia, somos voluntarios, non estamos pagados nin obrigados por ninguén, cadaquén ten a súa vida persoal e as súas obrigacións á marxe disto e facemos o que podemos por compatibilizar ambas facetas, ás veces perxudicándonos bastante. Como somos uns cantos, o lóxico é que vaiamos rotando, segundo as circunstancias, aptitudes e enerxías de cada un... Se algúns acampamos aquí xa o primeiro día e seguimos, se non acampando, asistindo a asembleas ou informando desde as redes sociais, é porque cremos nisto, non por interese particular, nin por non fallar a compañeiros... nin unha cousa nin outra, faino en xeral pola sociedade, porque está farto de ver como van as cousas e sinte que ten que facer algo, pero cada un escolle o seu grao de compromiso e axuda no que pode...
Unha aperta a todxs, os que cren en ideoloxías e os que non, os que pertencen a partidos ou non, porque todos se están implicando ata o fondo sen obter nada a cambio, e porque todos merecen un aplauso.
Hola a todos son Roberto Iglesias, e gustariame tratar unhos puntos:
ResponderEliminar1. Óscar e indudable a túa reflexión e por certo compartida por min.
2.Estou enerxicamente en contra de que a clase política pretenda usar, e APROPIARSE duns canais de resposta popular da sociedade civil contrarios a esencia da partitocracia.
3.Si non se escribe ben un nome propio, son normais argumentos tan baladís
4.Os políticos escolleron a partitocracia, e a renuncia a liberdade de elección coma vías de representación, ¿que fan na plaza?, ¿xogamos a todas as bandas a ver se asi cae algo?.
5.As persoas ten dereito a equivocarse, pero tamen podio asegurar que e de boas persoas pedir perdón, e renunciar o mandato imperativo que prohibe por certo a CE e que a partitocracia impón.
6.O parasitismo é un proceso polo cal una especie amplía a súa capacidade de supervivencia utilizando a outras especies para que cubran as súas necesidades básicas e vitais, este mecanismo opera en la partitocracia, non deixemos que nos fagociten.
7. Nin dun color nin doutro todos son escravos dos seus amos, non caiamos no populismo, que tanto lles gusta por certo, non temos que ir a manifestarnos ten que vir a xente a manifestarse, non somos un partido que temos que gañar votos somos un movemento civil que desexa un Cambio.
Apoyo totalmente lo que dice Oscar, creo que cualquier politico tiene la misma libertad que el resto de ciudadanos de acercarse y comentar lo que quiera en calidad de ciudadano. Ahora bien, si le otorgamos ese minuto de "gloria" como politico, creo que no nos daria ningun beneficio. Estamos cansados de ver como actuan, como bien decis, con camara delante, sumandose tantos. Aqui todos somos iguales ( o deberia ser asi).
ResponderEliminarAnimo!
1º FELICITARVOS , ANTES DE NADA , POLA VOSA RESISTENCIA E VALENTÍA. EN MADRID E BARNA A ACAMPADA É MÁIS FACTÍBEL, SEMPRE HABERÁ MÁIS ALMAS. EN OURENSE CALQUERA CAMBIO É MOITÍSIMO MÁIS DIFÍCIL .
ResponderEliminar2º PARÉCENME FUNDAMENTAIS E NECESARIAS AS VOSAS REIVINDICACIÓNS.CONQUERILAS DEBERÍA CENTRAR OS VOSOS ESFORZOS.
3º. ESTÁ HABENDO INFORMACIÓNS DE TODO TIPO ACERCA DA NATUREZA , XÉNESE E DEMAIS DO MOVEMENTO .ENVÍOVOS ISTO .http://www.lahaine.org/index.php?p=53806
PENSOQ UE DEBERIADES FACER ALGÚN COMUNICADO OFICIAL RESPECTO A ISTO .
boa tarde, antes de nada deixo claro que o meu nome é xulio g. -e a pesar de que non podo asistir a tódalas asembleas, intento seguir o fío delas-.
ResponderEliminarTamén quero que quede claro que non formo parte de nengunha organización política.
Quero facer unha reflexión acerca da presenza dos políticos na asemblea.
Desde o meu punto de vista, onte, votando de xeito negativo a súa presenza na asemblea , deixamos pasar unha oportunidade importante de darlle un pulo ás asembleas e aos principios do movemento 15M.
Explícome,eu creo que a idea non é tanto invitalos como políticos , senón como representantes da cidadanía na casa do concello nos próximos catro anos (esto guste ou non guste vai ser así)....pq vexamos, que é eso de pactos entre partidos, que un candidato chame a outro para ver si nos xuntamos....eu son da idea que os pactos hainos que facer diante da cidadanía, diante nosa, diante da asemblea... facer POLITICA con maiúsculas! (non política en minúsculas de discursos baleiros, sen preguntas,réplicas, contraréplicas,...e por suposto sen insultos, que deso xa nos diron unha lección eles)
Agora sería o momento de verlle a faciana real a todos eles, pq facer promesas diante dos teus acólitos debe ser moi doado, ....pero diante da cidadanía, ese seguro que é outro cantar.
Non se supón que o movemento 15M é apartidista, pero non apolitico?
Acaso non pretendemos un sistema con máis participación da cidadanía nos asuntos públicos?
Pq cal é o problema de poderlles facer propostas, comprometelos, por exemplo, a que quen goberne faga unha asemblea cidadá cada X tempo...A idea sería facer POLITICA con maiúsculas, onde todos poidamos participar -dunha vez- na vida municipal como primeiro paso na formación de POLITICOS con maiúsculas.
Imaxinémonos por un intre, que se celebra unha asemblea coa participación dos políticos; non credes que, por exemplo, asistiría un maior número de xente que permitiría enriquecer o debate, dar a coñecer entre a cidadanía os principios do movemento 15M....
Outra cuestión sería o de convidar aos politicos, eu creo que non habería que convidalos.....eles teñen a OBRIGA de comparecer diante da cidadanía !!! están ao noso servizo, e non ao revés !! (evidentemente, a realidade é a que é).
Como vedes eu , a priori, atópolle máis cousas positivas que negativas.
Non sei, se cadra estes argumentos xa saíron na asemblea do luns -á que non puiden asistir-;neste caso pido desculpas por repetir argumentos.
Saúdos
ALgunha cousiñas que non sei se terás lido antes de enrolarte nisto:
ResponderEliminarÚltimo comunicado de Democracia Real Ya:
Manifiesto:
"A democracia parte do pobo (demos = pobo; cracia = goberno), de xeito que o goberno debe ser do pobo. Así e todo, a maior parte da clase política nin sequera nos escoita. As súas funcións deberían ser as de levar a nosa voz ás institucións, facilitando a participación política e cidadá mediante vías directas e procurando o maior beneficio para o groso da sociedade, non a de se enriqueceren e medraren a expensas de nós, atendendo unicamente aos ditados dos grandes poderes económicos e aferrándose ao poder mediante unha ditadura partitocrática encabezada polas inamovibles siglas do PPSOE."
Último comunicado: "Por último, creemos necesario aclarar ante la cuidadania que nuestro movimiento nunca ha pedido la abstención, ni el voto en blanco, ni el voto nulo, ni el voto para ningún partido en concreto. DRY promueve que la gente se informe y que decida por sí misma a quién entregar su voto según su ideología, puesto que al ser una plataforma plural, la diversidad de voto es tambien amplia. Nuestro objetivo es mejorar el sistema electoral actual, pero hasta que ese modelo cambie, creemos que cada persona debe participar como mejor le parezca." Polo tanto, NON ESTÁN EN CONTRA DO SISTEMA DE DEMOCRACIA REPRESENTATIVA. NON SON ANARQUISTAS (aínda que ti me dis que non es anarquista, e ata te enfadas cando te chaman así, malia que para min o anarquismo é unha opción moi respectable, aínda que cómpre para levala a cabo moitísima coherencia), e NON ESTÁN EN CONTRA DOS POLÍTICOS, SENÓN DOS POLÍTICOS CORRUPTOS, NIN DO SISTEMA, SENÓN DESTE SISTEMA CORRUPTO. Queren cambialo dende dentro, con propostas concretas, e non pensan que vaian mudar nada, nin pola violencia, nin polo simple asamblearismo, que se non dialoga coa política profesional, non vai cnseguir nada.
Manifiesto de #nolesvotes:
"No te pedimos el voto por ningún partido o ideología en concreto, sino que te informes para comprobar si existen alternativas políticas que quizás representan mejor tus ideas, y lo que los ciudadanos concebimos como democracia. La democracia no son los grandes partidos: la democracia eres tú, y millones como tú."
O meu comentario anterior era para Óscar e para calquera que pretenda dicir que estamos dirixidos por partidos políticos ou que xente que milita en partidos políticos non pode participar neste movemento.
ResponderEliminarA Pabliño: No tienes por qué dejar la acampada tío, ni siquiera las comisiones. Sólo la decisión en asamblea haría que te fueras. No te rindas porque gente que ha hecho mucho menos que tú por este movimiento te quiera quitar de en medio: en realidad, ellos nunca quisieron participar de la política porque nunca les preocupó nada más que su propio ombligo. Ahora, cuando ven que se pueden meter en un movimiento que se dice "apartidario" (aunque ellos, en su incultura, preferirían llamarlo "apolítico", porque no saben que todo lo que estamos haciendo es política), y realizarse por fin como nunca habían podido hacerlo, se creen los únicos dueños de esto, y dicen a los demás si pueden participar o no. Es gracioso. Gracioso ver cómo gente que nunca se había movido, ahora se mueve, pero además pretende decir quién puede o no participar aquí. Gracioso cómo meten en el mismo saco a todos los políticos, o llaman político a un chaval que sólo se ha hecho militante de una formación, sin ni siquiera sacar acta de concejal (me gustaría que las personas que lo critican me pudiesen decir que, a su edad, porque es bastante más joven que todos ellos, se preocuparon por algo que no fuese su propio culo, y que me convencieran de que están aquí por otra cosa que no sea que ellos mismos no encuentran trabajo o les resulta difícil pagarse los vicios que quieren, en vez de una auténtica sensibilidad social, que es de lo que me parece que adolecen... adolecer es "tener carencia de algo", por cierto, no busquen en el diccionario). También me parece gracioso que se meta en el mismo saco a los partidos mayoritarios y a los minoritarios, que se desacredite a la gente de IU, BNG y DO, salvando las distancias entre ellos y que cada uno puede tener más o menos simpatías, y más o menos filias y fobias con cada uno de ellos por separado, cuando son partidos contra los que no va DRY, porque desde siempre han luchado por lo que ahora empezáis a luchar algunos, la reforma de la Ley Electoral, un sistema no corrupto, y justicia social.
Decía Bertolt Brecht que sólo hay una cosa más peligrosa que un político profesional malvado: un "analfabeto político". Porque es fácilmente manipulable. No quiero decir más.
Buenas noches a todxs ;-)
Este es un magnifico debate que, dejando al margen las cuestiones personales, deberia ser llevado a asamblea o puede ser válido para crear una mesa redonda de debate.
ResponderEliminarCreo que en asamblea es dificil ponerse de acuerdo con si invitarlos o no. Deberian sentirse invitados, como toda la ciudad de Ourense esta invitada. De ellos depende dar la cara por el puesto en el que están como representantes electos o huir de las responsabilidades, huir del pueblo...