- Fálase da proposta de manifestación do 19 de Xunio en Madrid de todas as acampadas, inda que se que deixa para máis adiante por non estar de todo concretado o tema.
- Solicítanse voluntarios para acudir a xunta da fin de semana de acampadas de Galicia, os interesados se poden apuntar ó rematar a asemblea.
- Proponse movilizacións para reclamar unha "Reforma laboral" antes de que sexa tarde.
- Fálase de intervención informativa sobre a Revolución Islandesa.
- Fálase da necesidade dos impostos para manter o estado de benestar.
- Proposta: deixas as asembleas diarias para non queimarse.
- Fálase da nova "idea" da patronal de propor a "ineptitude" (con todo o subxectivo que pode ser) como motivo de despido, así como de cuestiones laborales-interraciales. Tamén se comenta a problema surxido co pepina almeriense como método de "toque" ó goberno por parte de Ánxela Merkel por permitir as movilizacións.
- Se pide respeto á acampada.
- Fálase do Banco Central Europeo, a asemblea berra ¡NON NOS IMOS!
- Fálase do problema da fruta con Francia.
- Un compañeiro propon deixar a acampada, a asemblea elixe quedarse por aclamación.
- Faise un pequeno debate sobre as hipotecas e a opción de dar a casa en forma de pago da mesma ós bancos.
- Queixa de algún dos acampados, os cales non teñen nada que ver co movemento 15-M, o que provoca a proposta da súa expulsión da asemblea.
- Fálase de como quitar o paro, de como millorar as hipotecas, ...
- Fálase sobre os emigrantes, a asemblea oponse totalmente as palabras contra este colectivo vertidas por un compañaeiro.
- Fálase do problema da fuga de cerebros do país por mor da situación social, económica, laboral,...
- Coméntase que mañán venres, trala asemblea, haberá unha reunión de voluntarios para reorganizarse.
- Debatese de cómo debería evolucionar o movemento:
- Reunión de cidadáns
- Partido político, como en Sevilla
Se descarta a opción de partido político, conclúese que esto naceu como un movemento cidadán asembleario e así debe seguir.
- Proponse poñer cartaces e difundir nos barrios -> información comenta que esto xa se está levando a cabo dentro dos medios dos que dispomos.
- Unha compañeira fala da importancia das palabras, de non falar negativamente para manter a positividade no movemento.
- Un compañeiro lee un texto.
- Fálase dunha proposta feita dende Salamanca para facer un gran mura con un metro de tela por acampada, concretarase cando se teñan máis datos.
-
No hay comentarios:
Publicar un comentario
A mensaxe require a moderación dun administrador, polo que non será pública ata que sexa xestionada.