ourense.tomalaplaza.net

jueves, 2 de junio de 2011

COMUNICADO AOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN ASEMBLEA 15-M OURENSE

DELEGADAS DA ASEMBLEA DO 15-M OURENSE PARTICIPARÁN NO ENCONTRO NACIONAL DE ACAMPADAS, QUE SE CELEBRARÁ DESDE HOXE EN MADRID

O sábado tamén asistirán delegados ao encontro galego de acampadas, que se celebrará en Vilagarcía de Arousa

Delegadas e delegados da asemblea do 15-M en Ourense participarán no encontro nacional de acampadas na Porta do Sol, que se celebrará desde mañá venres até o vindeiro domingo. Esta cita servirá como toma de contacto de todas asembleas cidadáns xurdidas o 15-M en máis de medio cento de cidades do Estado. Asimesmo, trazaranse as estratexias a seguir para acadar a reivindicacións lexítimas que xurdiron das distintas asembleas, a coordinación da manifestación nacional do 19 de xuño, que se secundará dende Ourense, e da manifestación internacional do 15 de outubro.

O sábado tamén se celebrará un encontro galego de acampadas en Vilagarcía de Arousa, ao que tamén asistirán delegadas da asemblea ourensá para pechar unha estratexia conxunta e acadar puntos de consenso nas reivindicacións.

Para máis información:
acampadaourense.blogspot.com
facebook: acampadaourense
twitter: acampadaourense

1 comentario:

  1. Porfavor, avisade se existe alguén que vaia a Madrid e tenha dous sitios libres, participaremos con gasolina a medias. Gracias

    ResponderEliminar

A mensaxe require a moderación dun administrador, polo que non será pública ata que sexa xestionada.