ourense.tomalaplaza.net

jueves, 16 de junio de 2011

ACTA DO MÉRCORES 15 DE XUÑO DE 2011

A día 15 de xuño de 2011, sendo as 20.23 horas da inicio a asemblea de AcampadaOurense. Preséntase os puntos da acta có debate correspondente aos mesmos:

1. Gastos. Preséntanse os custos da lona para as pancartas aprobadas en anteriores asembleas, o cal ascende a 8 euros.

2. Charla-Debate “Reflexións do 15” organizada por Xuventudes Socialistas de Ourense. Con respecto a oferta declinada na anterior asemblea de asistir ao acto organizado polas Xuventudes Socialistas de Ourense, as mesmas comunican a súa tristura pola dita decisión.

3. Megafonía 19X. O tema de megafonía é abordado de novo. Como todo apunta que haberá que sufragar o custo da mesma plantéxase a creación dun bote, para abordar tódolos custos.

4. Viaxe no “tren” do Concello. O custo por traxecto de cada viaxe é de 0.78 euros, cada viaxe ten un traxecto de duración estimada de unha hora, e o total de prazas é de 55. Por loxística asúmese como data preferible o sábado.

- A súa vez cuestionase a posibilidade de coordinar dúas asembleas (con carácter informativo) o día da “viaxe”, sendo unha en Outariz e outra na Praza Maior, lugar en todas ata o de agora foron celebradas.

5. Problemas derivados da Festa do Corpus. A celebración das diversas actuacións, así como o mercado medieval que se desenrola nestas datas no casco histórico da nosa cidade e a propia praza, poderían supor un problema para o normal desenrolo das actividades da asemblea. O punto é aprazado a outra asemblea para o seu mellor tratamento, aínda que diversas propostas son expostas, as cales aparecen recollidas no punto correspondente.

6. Charla Pacto do Euro. Concrétase a celebración dunha charla informativa sobre o Pacto do Euro a vindeira semana.

7. Comunicado de prensa. Dende AcamapadaOurense, coma repulsa cara as actitudes que unha minoría presentou ante o Parlament Catalán, tómase a decisión de redactar un comunicado no cal se remarque a condea destas actuacións, en base a propia natureza desta asemblea e do movemento, o cal se define dende o primeiro momento NON VIOLENTO.

- A súa vez comentase a transformación do tratamento mediático das asembleas e acampadas.

8. Contabilidade. O actual modelo de asumir os custos parece non agradar a todos, e presentase unha proposta recollida no derradeiro apartado.

PROPOSTAS

- Creación o venres trala asemblea dunha comisión que aborde a dinámica das dúas asembleas que terán lugar o sábado, debido á actividade programada para este día.

- Amplo abano de opcións para tratar os problemas plantexados pola celebración da festividade do Corpus (posto de información, performance, recollida de firmas, desprazamento do lugar de celebración do lugar das asembleas...)

- Propor una data semanal para reunión das comisións, creándose por tanto unha reunión semanal operativa-funcional.

- Problemática derivada do uso do blogue (restricción do mesmo a un espazo exclusivamente informativo, canalizando o debate aos espazos xa existentes para o mesmo, ou moderación dos comentarios)

- Utilización de diversos medios para realizar a comunicación da manifestación.

- Ampliación do percorrido do 19X.


1 comentario:

  1. Ico:
    Creo que podedes contar coa megafonía coa que contastes na Praza. Só se precisa alguén con vehículo que a leve ata o Parque e a devolva ao rematar a manifestación. Ten o meu contacto Martiño.

    ResponderEliminar

A mensaxe require a moderación dun administrador, polo que non será pública ata que sexa xestionada.