ourense.tomalaplaza.net

jueves, 16 de junio de 2011

COMUNICADO DE REXEITAMENTO POLOS ACTOS ACONTECIDOS NO DÍA 15/06 NO PARLAMENTO DE BARCELONA

Dende AcampadaOurense, e como pate do movemento orixinado o 15 de maio, condeamos de maneira radical todo acto violento e en especial os ocorridos no día de hoxe nas inmediadiacións do Parlament Catalán. Da misma maneira, rogamos a toda a persoa que teña oportunidade que medie de forma pacífica ante calquera manifestación de violencia para que de agora endiante estos feitos non ocorran.


Remarcamos que nos desvinculamos absolutamente de todo acto de violencia e reiteramos que nas nosas convocatorias só se promoven accións pacíficas, é a nosa única maneira de actuación. Finalmente queremos manifestar todo o noso apoio á Asamblea Barcelona e as suas accións que de forma pacífica se están a promover.



Ante os feitos acontecidos durante esta semana en diferentes cidades do estado español, consideramos necesario recalcar os seguintes puntos:


1) O movemento 15-M naceu co propósito de aglutinar diferentes vontades e sentimentos con carácter de transformación social, económica e política.

A mestura destas vontades e un dos sinais do movemento e consideramos que debe seguir asi.


2) Apoiamos de maneira unánime aos compañeiros acampados en Barcelona e todas as suas acción de desobediencia civil pacífica.


3) As prácticas e actuacións promovidas polo 15-M apelan a desobeciencia civil NON VIOLENTA e a toma de novo das rúas por parte do pobo. Consideramos que ditas prácticas pacíficas teñen unha máis que probada eficacia política e un carácter de inclusión que reforzas e fan enriquecer a pluralidade do movemento.


4) Reafirmámonos na importancia das actuación sobre as institución e os órganos de poder económico e social, nos cales perseguimos activamente unha transformación. As críticas e actuación dirixidas a estas organización parécennos máis incisivas que aquelas dirixidas contra persoas en particular. Por tanto, non consideramos lícitas que personalicen as protestas en torno a políticos ou nas súas persoas físicas.


5) Consideramos que o movemento 15-M obtén parte da súa fortaleza no encauzamento das expresións de ira individual hacia un proceso colectivo de transformación social, cuidadá e democrática. Este proceso segue sendo a prioridade do movemento e seguiremos traballando para desarrollalo.


1 comentario:

A mensaxe require a moderación dun administrador, polo que non será pública ata que sexa xestionada.