ourense.tomalaplaza.net

martes, 21 de junio de 2011

ACTA DO SÁBADO 18 XUÑO DE 2011

A día 18 de xuño de 2011, sendo as 20.30 horas da inicio a asemblea de AcampadaOurense. Preséntase os puntos da acta có debate correspondente aos mesmos:

1. Valoración da viaxe no “tren” do Concello. Os participantes na dita viaxe valoran a mesma coma un éxito, a pesar das dificultades plantexadas polas reducidas prazas dispoñibles no “tren”. Ademais o coche encargado da megafonía participou en dita viaxe.

2. Organización do 19X. Realizase un último repaso da manifestación do seguinte día, seguindo as pautas presentadas en anteriores asembleas e elaboradas polo correspondente grupo de traballo.

3. Funcionamento da Asemblea. Por outra banda, realizase un novo repaso ao novo organigrama que busca mellor o funcionamento e operatividade da asemblea

4. Manifesto. Por último faise lectura do texto redactado polo grupo de traballo encargado de redactar o manifesto que se lerá na manifestación do 19X. O mesmo é aceptado por unanimidade.

Peche de asemblea

No hay comentarios: