ourense.tomalaplaza.net

martes, 21 de junio de 2011

ACTA DO VENRES 17 DE XUÑO DE 2011

A día 17 de xuño de 2011, sendo as 20.20 horas da inicio a asemblea de AcampadaOurense. Preséntase os puntos da acta có debate correspondente aos mesmos:

1. Manifestación 19X. En primeiro lugar, coméntase a evolución das faixas que se están a elaborar por parte de AcampadaOurense para a manifestación do domingo. A súa vez dende o grupo de traballo presentan un proxecto de organización para a mesma, que se centra principalmente en realizar 3 paradas ao longo do percorrido, así coma a distribución das faixas a chegada da manifestación a Subdelegación. A súa vez coméntanse as trazas xerais elaboradas para o “protocolo” de respecto por parte tanto da comisión creada para o mesmo, como por parte de tódolos asistentes.

2. Viaxe no “tren” do Concello. Realízase un último repaso a viaxe a Outariz no “tren”. En primeiro lugar, recórdanse os un custos, os cales son de 0’78 euros por traxecto, 0’40 para estudantes e gratuíto para xubilados. Por outra banda, a chegada ao destino procederase a repartir volandeiras, así coma informar aos alá presentes.

3. Nova estructura da asemblea. O grupo de traballo encargado do funcionamento da asemblea realiza unha exposición da nova proposta de estructuración e funcionamento da asemblea. A explicación da mesma atópase dispoñible tanto no blogue, coma na páxina de Facebook, e remitímosvos ao mesmo para coñecer dita explicación.

4. Comentarios no blogue. Con respecto a polémica xerada polo uso que algunhas persoas dan a posibilidade de comentar no mesmo, empregándoo para insultar e faltar ao respecto, preséntase dúas alternativas: moderar os comentarios ou restrixir o blogue a un instrumento informativo, dada a existencia de outro espazo para o debate.

Peche de asemblea

No hay comentarios: