Proponse informar na asemblea da tarde do problema de representación que supostamente se nos informou dende Vigo.
· Proponse a creación dun plan de actuación para evitar que gañáns desturben a imaxe, o funcionamento, e a integridade do grupo.
· Proponse a comisión de informática o uso da rede Lorea.org.
· Solicitase información acerca do problema acaecido cas firmas.
· Proponse un debate onde as persoas mostren a súa visión dos principais reclamacións do movemento:
1 - Reforma da Lei Electoral para que todos os votos de todos os cidadáns de España, onde queira que vivan, teñen igualdade na distribución dos escanos.
2 -Verdadeira separación de poderes : a independencia total da xustiza do poder político e a reforma do Senado para ter un papel real e non continuar a ser unha mera formalidade para o Congreso.
3 - Rexeneración Política: listas abertas, a supresión do financiamento público dos partidos políticos, descalificación permanente de funcionarios públicos condenados por corrupción, supresión de vantaxes inxustas que veñen con un cargo político, a publicación do seu patrimonio persoal antes e durante o curso das súas funcións, etc
· Dúas persoas manifestan a súa vontade de leren na asemblea da tarde uns artigos.
· Petición de aclaración na asemblea da tarde do mandato imperativo.
· Pídense grupos de debate polas tardes ou despois da asemblea, solicitaranse voluntarios a final de cada asemblea
Todo moi ben.. pero xá hai veciños/as da Praza Maior fartos do asentamento chabolista no que se está a convertir a entrada do concello. Tres noites seguidas tivo que intervir a policía, local e nacional, por liortas, disturbios e pelexas. O escaparate dun negocio da praza roto por un indexesable acampado; trompos cun coche ás 3 da mañá, ruidos, berros, etc.. Os veciños están valorando una xuntanza co alcade para pedir o desaloxo inmediato da praza.
ResponderEliminarSe a xente acude ás asambleas ás 8 da tarde pode seguir facéndoo pero o que está a pasar en Sol ou Barcelona non pode servir de coartada para que en Ourense 4 flipados (contados) monten un asentamento chabolista e pasen a noite bebendo e fumando canutos... É o momento de desmontar a chabolada, librarse dos elementos que disturban, e seguir co movemento por outras canles.. Moverse para continuar ou continuar e morrer.
Se prefires o chabolismo político no que se converteu o sistema deste país, todo pra ti. Pero eu seguirei facendo o que se tenha que facer para cambialo, chaboleando ou sin chabolear. Os flipados, os fuma canutos e os indesexables están na túa casa, na rúa, nos negicios onde compras, nos restaurantes onde comes, no banco onde fas as túas finanzas, nos políticos que votas...
ResponderEliminarEu creo que se a xente se xunta pra desfacer o campamento, tamén se poderían xuntar para baixar e falalo conosco primeiro, xa que a nos tamén nos interesa que se acaben ben as cousas, e falando enténdese a xente.
Dubido moito que falando cun alcalde que todavía non se dignou a falar co pobo ata o de agora vos vaia facer caso porque digades os que "pensades" sobre o que sucede na praza. Dubido moito que ningún político que non se dirixiu ata o de agora á praza tenha algo que facer que non sexa escoitarnos, porque somos o pobo, e tremen ó pensar en que poidamos espertar do letargo no que nos sumiron durante décadas...
Polo momento, convídote a vir, expresar esa queixa en público, xa que a xente é benvida a participar diga o que diga e pese a quen lle pese, con total liberdade e sen xuizos de masas enloquecidas. Nada máis.
Dacordo contigo Oscar, sobre todo no de que os políticos pouco caso lle van facer aos que vaian protestar. En calquera caso, eu non vivo na praza maior, só comentei algo que se respira alí dende hai días, sobre todo dende que a policía tivo que ir 3 noites por broncas e un escaparate roto na praza (flaco favor lle fixo o movemento a ese autónomo...).
ResponderEliminarO único que digo, e é unha opinión persoal, é que se nas cidades onde os campamentos teñen unha forza e un poder de movilización máis que demostrado a xente estase a plantexar desmantelar porque entenden que a acampada non pode ser indefinida, o caso de Ourense é bastante patético. A xente que acude (acudimos) as asambleas pode seguir facéndoo, tomando as prazas a diario, semanalmente ou mensualmente para falar, participar, crear alternativas... pero enrocarse nunha postura absurda de manter 3 tendas para 4 persoas que, por outro lado, están a crear problemas de convivencia, é un suicidio.. ademáis de pouco intelixente.
E sobre o que eu prefiro mellor non me vou pronunciar, porque tamén eu podería preguntar ónde estaban moitos dos que agora se indignan cando hai 10 e 15 anos nos manifestabamos somentes 10 ou 12 persoas todos os anos contra a pobreza como vergonza mundial, cando advertiamos (xá dende o 99) do peligro deste modelo de globalización, do peligro da especulación das multinacionais, das regras inxustas do comercio internacional... cando eramos 10 ou 12 os que reclamabamos na rúa (eiquí e en Seattle) que a xente volvese a cabeza ao que estaba a pasar na outra punta do mundo porque, cando a precariedade e a pobreza estaban a machacar á xente a 4.000 km de nós, era só cuestión de tempo que esa "pobreza", ese modelo especulador que excluiu ás persoas do sistema, chegase aquí máis pronto que tarde...
Entón eramos só 10 ou 12. Máis vale tarde que nunca pero leccións sobre o sistema ou sobre os motivos para indignarse sinto decirche que non hai unha soa persoa nesa praza que mas poda dar. A miña indignación ven de moito máis atrás. O 15 de maio a miña indignación cumpriu o dobre de anos dos que teñen os acampados...
E respecto á vosa acampada de xoguete... está claro que só hai que darvos un pouco máis de corda para que aforquedes vós mesmos... Tranquilos, que xá non queda nada para Ortigueira.
Non entendo o porqué de intentar denigrar de esa maneira a acampada que moita xente fai porque cree no movemento e pensa que e unha maneira mais de reivindicarse. O feito de que haxa un individuo (co cal, penso eu, non estamos identificados ningunha persoa do movemento) que disturbe o orde non e culpa da xente que trata de avivar e de manter o movemento pacifico en todo momento.
ResponderEliminarO que ti estas chamando patético, para moita xente supon un esforzo moi grande, quedarse a dormir nunha praza nun chan de pedra non creo que a ninguen lle esté gustando dunha maneira especial, pero si asi vemos nós unha forma de reivindicarnos, de facernos ver e escoitar ti non es quen de desacreditalo dese modo, porque a xente que dorme ali polo movemento, podoche asegurar que ninguna ten culpa de ningunha liorta.
E, indo mais ala, a miña pregunta e que, se pasase o da vidrieira fora da plaza, tamen seria culpa dos asentados? Ou non, seria dun borracho/posto ata as cellas calquera que anda por ahi? Que pensas, que porque un individuo se "acople" a unha manifestacion pertence a ela? Creme que nos tamen estariamos mais tranquilos se non estivera creando esas tensions, somos os primeiros en admitilo, pero o que non podemos facer e loitar por uns dereitos e o primeiro de cambio impedirllos, e, menos, obviamente, nunha plaza publica. Sin mais que decir, pidoche de novo un pouco de respeto, e os descalificativos que teñas que decir, escribelos nun papel, e tiralos o lixo.
Estoy alucinando con vuestra "democracia real". Está visto que no aceptáis comentarios que no sean de vuestro agrado y que las críticas habrá que hacerlas en otros blogs o medios de comunicación porque, por lo que veo, aquí solo se acepta a la gente que piensa como vosotros.
ResponderEliminarYo no me voy a poner a hablar de lo que se reivindicaba hace 10 o 15 años. Me centraré en cómo reinvindicáis lo de ahora.
Reitero lo dicho ayer de que no entiendo cuál es el motivo por el que pensáis que, durmiendo en la Plaza, vais a conseguir cambiar algo de todo esto que huele tan mal.
No entiendo, Alba, cuando dices que "porque un individuo se acople...no quiere decir que pertenezca". Mira, Alba, yo soy vecin@ de la Plaza; he sido testigo de las tres visitas de la Policía; he visto con mis ojos como (cuando llegó la Policía el último día, el día de los trompos, los balonazos al Concello y las amenazas a los que estaban allí diciéndoles que le iba a rajar el cuello a uno de ellos en cuanto se durmiera...)como se quedaban todos calladitos sin identificar al culpable, hasta tal punto que la Policía se marchó del lugar. Fué la tercera vez que vino la Policía cuando lo pilló infraganti. No entiendo entonces como dices que es "ajeno a vosotros" y en cambio lo "tapais" delante de la Polcía.
Y otra cosa, Alba, nadie os obliga a quedaros a dormir en la Plaza, en el suelo de piedra. Os quedáis porque os da la gana. Nadie os lo ha pedido. Eres libre de no hacerlo. Hay un refrán que dice "Sarna con gusto no pica". Aplícatelo.
Polo que a mín respecta e vendo cánto vos molestan as críticas a esta situación, paso. O dito, só hai que darvos corda para que aforquedes vós soíños. Falamos dentro dun mes, a ver ónde estades vós e as vosas reinvindiacións? Equivocádesvos de enimigo.
ResponderEliminarAbur.
A ver, que quizás no se haya entendido lo que prentendía decir, acepto y asumo críticas, siempre y cuando sean constructivas. Justamente luchamos por una democracia real, con derecho de opinion libre, si, pero siempre se pide que haya respeto, a mi que alguien tache de "patético" algo que la gente está llevando a cabo con mucho esfuerzo no me parece para nada respetuoso. Y para nada hablo de mi, que me quedo a dormir veces contadas, es mas, como si no me quedase a dormir, hablo de la gente que SI que lo hace, que se esfuerza por estar alli... Y claro que es porque queremos/quieren quedarse, y nadie lo pide, pero nos parece necesario, y cuando se desinfle, pues se desinflara, pero mientras no sea asi, pues seguiremos luchando de ese modo. Cuando eso pase, otras formas habrá, ya se están buscando.
ResponderEliminarYo no creo que nadie lo haya tapado, si ha sido asi, sinceramente, no ha sido cuando yo estaba delante, aunque tambien tengo que decir que, tal y como yo soy libre de estar en una plaza, ellos tambien lo son, por mucho daño que esten haciendo, y es el tema de siempre, si estamos luchando por unos derechos no podemos concederselos a unos si y a otros no... Si estas al tanto de las asambleas y acampadas, como tanta otra gente, ya sabras lo que hay, y de un lugar publico no se puede echar a nadie.
Los policias saben de sobra quienes son, no lo dudes, de sobra además, pero poco pueden hacer ademas de llevarlos a comisaria, tomar nota, y a casita... Y el pesado de turno volverá por alli, pero eso NO es culpa de que haya una acampada.
Con respecto a lo de que un individuo se acople, siento no haberme expresado con claridad. Para mi una persona que pertenece al movimiento es aquella que sabe (o intenta saber informandose de la manera que sea) de lo que trata esta reivindicacion, y para mi, esa persona ni sabe ni tiene intencion de querer saber, asi que, bajo mi punto de vista, no pertenece al movimiento. Y, de verdad, las criticas siempre vienen bien, en ningun momento dije lo contrario, solo pedi respeto al hacer dichas criticas, creo que mantener las formas no es complicado. En fin, que es mi opinion personal, asi que tampoco la extrapoléis al resto de las personas del movimiento.